Non estamos de vacacións...

Ola!
Como xa todos sabemos, a partir do próximo luns 16 de marzo, os nosos alumnos e alumnas non acudirán á escola como consecuencia do Coronavirus.


A suspensión da actividade lectiva presencial é unha das medidas para evitar a propagación de contaxio do COVID-19. Debido a isto estaremos os próximos 15 días en corentena preventiva, tal e como marca o protocolo sanitario. 

A continuación deixámosvos un video para que vexades cos nenos e nenas no que explica moi ben que é o Coronavirus. Ademais tamén vos deixamos o conto Rosa contra el virus.


Durante estes días, as titoras estaremos traballando para as nosas alumnas e alumnos de maneira online a través desta plataforma educativa. A través deste blog publicaremos cada luns as tarefas a realizar cada semana. 

A continuación propoñémosvos un horario semanal para levar a cabo cos nenos e nenas. A finalidade deste horario é que se organicen corrrectamente na casa durante este período de tempo.



Este horario soamente é unha recomendación. Cada familia deberá organizarse como poida e lle sexa mellor. 

O luns pola mañá subiremos o traballo para a vindeira semana. Recomendámosvos que cada día traballedes unha asignatura distinta sen esquecer traballar todos os días a LECTURA e a RUTINA MATEMÁTICA.

LECTURA é unha actividade que deberán realizar todos os días. A elección do libro é libre, poderán ler o que máis lle guste. Recomendamos que o tempo de lectura non sexa inferior a media hora. Poderá facerse en voz alta ou para sí mesmos. Para levar un control, poderán imprimir ou anotar nunha folliña a seguinte información e así levarán conta do tempo dedicado á lectura. 




Por último queremos facervos partícipes dunha iniciativa que puxeron en marcha os nenos e nenas italianas. Eles e elas comezaron a poñer estes fermosos arcos da vella nas súas ventás para que os outros nenos e nenas vexan que non están sós, que todos e todas estamos nas nosas casas. Esta é unha iniciativa moi bonita que tamén podedes facer e así concienciar a todos de que temos que ser responsables e quedar na casa. 


Moitas gracias pola vosa colaboración!
Ata o luns!



Comentarios