Experimento para Semana Santa

Esta semana non hai tarefas...
HAI EXPERIMENTO!
Queredes saber cal é? Seguide lendo...
Cantos alimentos comedes diariamente que teñen sementes? Seguro que moitiiiiisimos
Tomates, pementos, cabaza... 
Esta semana propoñémosvos un experimento moi especial. 
XERMOLAR SEMENTES!
Xermolar sementes? Que é iso e para que serve?
Converter unha semente nunha planta nova! Así poderás crear o teu propio horto! 
Ollade os seguintes vídeos onde vos explicamos como facer.  
1.Xermolar sementes de tomate.
2.Xermolar sementes de pemento.
3.Xermolar unha cenoria.
4.Xermolar unha faba, unha lentella e un garavanzo.  
P.D.: Podedes empregar outros alimentos. Hai moitísimos, isto soamente é un exemplo.

Comentarios